04 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Que queda cando ese sentir que crías sentir de verdade se converteu nun sentir fuxidío? Que queda cando remata o día e procuras como cada solpor o sosego daquela voz que o dicía todo pero descobres que o único que chega aos teus oídos é o silencio? Que queda entender en medio desa soidade? Que queda despois do acontecer máis normal cando o teu entender como normal non é o normal que lle pertence aos demais? Que queda despois dese preciso momento no que a imprecisa realidade se converte en real? Que queda despois de entrar na cafetería, sentar na mesa de sempre e caer na conta de ter que dicir, «dous cafés non, por favor, só un, só para min»? Que queda despois de todo isto cando todo isto o representaba todo? Que queda?