A casa da Barcala

María Hermida.

AL SOL

03 ago 2022 . Actualizado a las 16:10 h.

¡Qué tempos aqueles na casa da miña avoa!, aínda non tiñan luz eléctrica e alumábanse cun candil. Recordo aos meus primos Julio e Paco, que tamén pasaban temporadas para axudar ao tío Manolo nas tarefas do campo. Un día foron a apastar as vacas á Braña e me deixaron ir con eles porque quedaba cerca da casa, non recordo cál dos dous sacou a chaqueta e dixo: Vou tourear á cuxa. E cando lle puxo a chaqueta diante dos morros a cuxa cabreouse, sacudiu a cabeza e meu primo votou a correr diante do animal, tirándose ao río, escapando dunha boa cornada. Eu escapei asustada.

Cerca de nós estaba coidando das súas vacas a miña amiga Purita, unha nena moi boa. Toda contenta me dixo: xogamos ás nais? Preparou os cacharriños para xogar e dixo: Ti muxes a vaca e eu vixío o camiño por si ven a miña irmá, contesteille non non eu a vaca non a podo muxir, teño medo, así que eu vixío o camiño.

Cando Purita estaba sacando o leite apareceu a súa irmá por outro camiño, pobre a miña amiga, ¡canto lle reñiu! Eu marchei moi triste, cheguei a casa da avoa que estaba facendo filloas. Aquela velliña que eu adoraba, abracei as súas saias e dixo: séntate no banco da lareira e comes filloas. ¡qué ricas estaban¡

Despois chegaron Julio, Paco e o tío Manolo, comeron filloas para iso estaba o antroido. Xa era á hora de acender os candís e non tardamos en ir durmir, eu durmía canda a avoa, me contaba moitos contos. Primeiro subían as escaleiras os primos cun candil, cando xa estaban enriba, subíamos a avoa mais eu.

O tío esperaba abaixo alumando ás escaleiras, entón empezaban os meus primos: ¡DON JUAN LAS MEDIAS BLANCAS! (Movían os candís proxectando unhas sombras nas escaleiras). E o tío respondía cunha voz profunda: ESPERA QUE ME LAS ESTOY PONIENDO. A min me daba moito medo e a avoa dicía: ¡Calade demos que asustades á nena!

María Hermida. Xubilada. 84 anos. A Coruña.