O xardín das delicias


Cando chegou até alí, só quería ver ese tríptico. O xardín das delicias. Levaba tempo pensando no intre no que chegaría á sala onde se atopaba aquela obra en particular.

Todo comezou un día do tempo estival, o día do seu aniversario. Seus pais descoñecían até hai pouco a derradeira paixón de André, a pintura. Estiveran buscando algúns posibles agasallos, mais cando viron aquel, non dubidaron que o engaiolaría. Que podería ser? O rapaz mostrábase incrédulo ao descubrir o que se atopaba debaixo daquel papel de bonecos azuis. Un póster para a súa nova habitación. Descoñecía de que obra de arte se trataba e preguntoulle aos seus pais sen obter ningunha contestación.

-O último día deste mes imos facer unha visita que vai ser do teu agrado -díxolle súa nai-. Mentres tanto, procura información sobre o teu regalo.

André colgou aquela folla na súa parede e, a pesar de buscar na Rede, non acadou resposta algunha para aquel enigma. «O que teño claro é que se trata dunha obra de arte, mais non sei como facer para atopar de quen é. Comunícame algo que ningunha outra me transmitira», díxose.

Eureka! Pensou na persoa perfecta para preguntarlle todo o que necesitaba saber: o mestre de arte do instituto. E, á fin, deu coa resposta. O Bosco. Tríptico: paraíso, vida terreal, inferno.

Pescudou para analizala á perfección. Escoitáralle á súa nai que ían ir ao Museo do Prado o último día do mes.

10.00 horas da mañá do 31 de xullo. André devecía por chegar a aquela sala... A uns pasos descubriu aquela marabilla da que tanto se falara na súa casa. Aquela obra enigmática e fascinante. Aquela obra do Renacemento flamenco. Aquela obra de dimensións 220 x 389 centímetros, na sala 056 do Museo do Prado. Aquela obra do neerlandés cuxo alcume era o Bosco.

«Este si é o meu xardín das delicias».

Elsa Fernández López. Estudante. 14 anos. A Coruña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O xardín das delicias