Pesadelo na realidade

María Aguiar González RELATO

AL SOL

29 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa era hora de marchar da casa da miña nai e volver á do meu pai. Odiaba ir á súa casa. Collín a miña mochila, despedinme da miña nai e fun cara ao meu destino. Ao entrar só atopei a noiva do meu pai sentada no sofá.

-Ola, Van -díxome. Ela caíame ben.

-Ola, Diana.

Fun deixar as miñas cousas á habitación de invitados. Volvín ao salón e sentei a carón de Diana no sofá. Collín o mando da televisión e acendina.

-Como estás? -pregunteille.

Miroume. Eu xa ben sabía como estaba. Tamén a mirei. Nos seus grandes e verdes ollos vin dor e a súa pálida pel estaba chea de contusións e mancaduras. Ela non estaba ben, e eu sabíao. Sabíao moi ben. Abraceina, e ela tamén me abrazou. Sobresalteime ao escoitar unha porta abríndose. El xa chegara.

María Aguiar González, estudante, 14 anos, Vigo.