Rumbo á esperanza


O meu nome é Omar, teño dezaoito anos e nacín en Damasco, capital de Siria. Nestes momentos estou nun campamento da Cruz Vermella para inmigrantes, xunto coa miña irmá de oito anos, Fátima. Está cheo de xente coma min, coa súa historia de superación persoal e con moitas adversidades. Nacín nunha familia modesta, non tiñamos moitos luxos, pero eramos todos felices. Miña nai era costureira e meu pai zapateiro. Eu, con dez anos, axudaba a coidar da miña irmá de poucos meses, ía á escola como os demais rapaces, xogaba nun equipo de fútbol… Pero cando a pequena da casa celebrou o seu segundo aniversario, estoupou unha guerra civil entre o goberno e os rebeldes. Case toda a cidade foi desaloxada e aos poucos días empezaron os sanguentos bombardeos. Dous anos despois veu o maior desastre da miña vida: unha bomba na nosa casa. Toda a miña familia morreu, só nos salvamos eu e miña irmá. Vin como depositaban os corpos dos meus familiares nunha fosa común, cos outros moitos civís.

Tiven que encargarme da miña irmá, por iso decidín marchar daquela cidade e intentar chegar a Europa. Unímonos a unha caravana, onde coñecín ao meu amigo Abdullá e ao seu irmán. Grazas a eles o camiño non foi tan terrible. Aínda así tivemos que andar durante días sen poder comer e iso pronto afectou á nosa saúde. Ao chegar ás costas de Túnez, vímonos obrigados a buscar unha mafia que nos prestase unha chalupa, pero ao non ter cartos, déronnos para cincuenta persoas unha chalupa onde só podían ir dez. Cando estabamos preto da costa de Italia, ocorreu a segunda traxedia… a nosa chalupa afundiu! Eu, que sabía nadar, salvei á miña irmá. Loitei contra o mar dúas horas, ata que nos rescatou a unidade de salvamento italiana. Non volvín ver a Abdullá.

E chegamos a España. Agora toca pensar no futuro, pero que futuro pode ter un adolescente de dezaoito anos a cargo da súa irmá de oito, sen idioma e sen traballo? Como moitos din… «os inmigrantes, que se busquen a vida!».

Hadrián Félix Neira Varela, 14 anos. Ponteceso. Estudante.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Rumbo á esperanza