Guillermo Martínez: «Os viños de Vilaboa son limpos e cunha acidez equilibrada»

Os afeccionados ao bo viño teñen unha cita esta fin de semana na mostra anual dos caldos máis famosos do Morrazo


Vilaboa / La Voz

Vilaboa celebra sábado e domingo a súa tradicional Mostra do Viño, á que invita a todos os veciños do concello e da comarca, ao servir como galería ante o público dos caldos de Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo. Esta IXP agrupa aos produtores e adegueiros de sete concellos, os cinco do Morrazo, máis Pontevedra, Redondela e Poio.

-¿Como definiría a festa?

-É un evento que está consolidado, porque vai pola sétima edición e vaise celebrar o sábado e o domingo. Imos estar os viticultores de aquí, de Vilaboa, e as catro adegas da Indicación Xeográfica Protexida. As persoas que se acheguen ao recinto de festas poderán elixir entre tintos e brancos. Haberá cata como sempre e postos de degustación. Vai haber unha novidade este ano, que é o cambio de ubicación, que vai a ser en Riomaior, onde se fai o entroido de Cobres.

-¿Cantos viticultores van estar na festa?

-Catorce, que son os de aquí, máis as catro adegas. Tamén haberá postos de produtos complementarios, como artesanía, queixo e varias outras alternativas. Á xente gústalle moito que haxa esta variedade.

-¿Cales van ser os prezos de cara ao público?

-Os prezos son os mesmos que no inicio da mostra hai sete anos. Hai quen se queixou sobre que deberíamos cambiar algo os prezos, pero acordouse que a lo menos este ano continuasen os mesmos que sempre.

-¿Como describiría os viños de Vilaboa e, en xeral, os de toda a IXP?

-Os viños de Vilaboa son uns caldos francos, limpos, que teñen unha acidez equilibrada e sobre todo en nariz son potentes en aroma. Tamén teñen unha marca propia que é un toque salino como corresponde as viñas desta zona.

-¿Qué adegas van estar representadas na Mostra deste fin de semana?

-Estaremos representadas as catro adegas que forman Ribeiras do Morrazo desde o seu comezo. Trátase de Adega Os Areeiros, que é a miña, e ten a súa sede en Vilaboa. Outra é a Abadía de Poio, que é a adega do mosteiro e que tamén están incluídos na IXP. Na indicación protexida atópanse tamén as adegas de Ardán, en Marín, e Reboirana, en Redondela. Somos as catro adegas que estamos en Ribeiras do Morrazo e que ofrecemos os nosos produtos co viño da comarca.

-O mundo do viño ten moita competencia en Galicia, e fóra tamén. ¿Cal é o futuro que cre que vai ter esta IXP ante os consumidores?

-Eu son optimista, porque desde que temos a Indicación Xeográfica Protexida estamos incrementando o mercado. Estamos facendo unha labor importancia de promoción, imos a distintos eventos e feiras e estamos dándonos a coñecer. Sabemos que se trata dunha carreira de fondo, que non é chegar e xa está todo feito, pero eu son optimista e estou seguro de que este traballo vai a ter un bo resultado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Guillermo Martínez: «Os viños de Vilaboa son limpos e cunha acidez equilibrada»