O concerto será na Praza do Mar
15 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Este venres, a partires das 22.00 horas, arrancará a programación paralela da media maratón Entre Rías coa programación dun concerto gratuíto do Grupo Assia na Praza do Mar. Dende o Concello de Sanxenxo destacaron que a recoñecida orquestra orixinaria de Asturias dará o pistoletazo de saída a unha fin de semana marcada pola actividade deportiva e turística en Sanxenxo e O Grove.