O escritor Pedro Feijoo recala en Sanxenxo coa obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2023

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

SANXENXO

ANGEL MANSO

Estará este venres, 1 de decembro, na Librería Nós

30 nov 2023 . Actualizado a las 10:10 h.

Este venres, a partires das 20 horas, o escritor Pedro Feijoo, recente gañador do Premio Xerais de Novela 2023 con Ninguén contará a verdade, estará na Librería Nós de Sanxenxo, localidade que, por certo, «é un dos escenarios clave da novela». Deste xeito, o autor manterá unha conversa cos asistentes e logo asinara exemplares desta obra.

Dende a Librería Nós destacaron o feito de que Pedro Feijoo «é escritor e musico. Como narrador publicou, entre outros, Os fillos do mar, A memoria da choiva, Os fillos do lume ou Un lume azul». Na súa nova novela, o epicentro xira en torno a «unha talentosa e habil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de mais, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupcion politica que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que esta a deixar un regueiro de victimas».