Clausura do Plan Integrado de Emprego

La Voz SANXENXO

SANXENXO

Cedida

O programa formativo acada unha inserción laboral do 91 %

11 nov 2021 . Actualizado a las 16:35 h.

O Plan Integrado de Emprego do Salnés volveu marchar un récord na súa taxa de inserción laboral: un 91 %. Con este balance, na Mancomunidade do Salnés non poden máis que estar satisfeitos desta novena edición do programa, que onte pechou a súa novena edición cun acto celebrado en Sanxenxo. «O resultado obtido é grazas á labor de orientación (nove talleres de emprego con diferentes contidos), formación (27 accións formativas), prácticas (máis de 30 alumnos realizaron prácticas en empresas) e prospección (844 ofertas xestionadas e 712 empresas contactadas)», segundo explican desde a mancomunidade.

Ao longo de doce meses, púxose en marcha un itinerario no que estiveron representadas todas as ramas do tecido empresarial da comarca: elaboración de viños, soldadura, caixeiro repoñedor, xestión integral de almacén, inglés, xestión contable, agricultura ecolóxica biointensiva, manexo de carretas frontal e retráctil, manexo de minipala retroexcavadora, manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e informática básica e avanzada. Tamén houbo unha aposta polas novas tecnoloxías con cursos sobre manexo de drons, a dixitalización documental e fotogrametría, a creación de blogues, a impresión 3D, entre outras disciplinas.