O Festival Atántica recala en Cuntis e Sanxenxo

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

SANXENXO

Programadas actuacións de Avelino González e Cándido Pazó no castro de Castrolandín e de Pakolas na Casa Mariñeira Don Fernando

09 jul 2021 . Actualizado a las 10:12 h.

A novena edición do festival Atlántica programa este venres, 9 de xullo, cinco funcións en diferentes puntos da provincia de Pontevedra. Así, Avelino González e Cándido Cazó estarán en Cuntis, mentres que Quico Cadaval fará o propio no curro de Sabucedo e Pakolas en Sanxenxo. Todas actividades son gratuítas, pero nalgunhas delas cómpre reservar por adiantado. Todas a información atópase na web festivalatlantica.gal.

As actividades comezarán cun programa dobre no Castro de Castrolandín, en Cuntis. Ás 20.30 horas, Avelino González brindará unha sesión de Parece mentira, pero... O actor e narrador está a facer o Camiño Portugués en bicicleta dentro do programa Contos no Camiño do festival e esta será a súa última parada antes de chegar a Santiago. Un chisco máis tarde, ás 21.30 horas e no mesmo lugar, será a quenda de Cándido Pazó con Como dicía o outro, unha hora de historias para adultos que parecen contos, contos que parecen de verdade e verdades que parecen mentira.

Mentres, no curro de Sabucedo, Quico Cadaval estará debullando as historias de Complexo de Edipo (21 horas) e en Sanxenxo, no que respecta aos pequechos e as súas familias, poderán gozar coas canción e os contos de Pakolas e Ramona Órbita, a dona do tempo. A función será na Casa Mariñeira Don Fernando de Sanxenxo a partir das 21 horas e terá entrada libre ata completar o aforo.