Bouzas dobrega a Monnot e accede a cuartos en Sanxenxo

A austriaca Elena Karner é o novo escollo da vilagarciá


vilagarcía / la voz

Custoulle a Jéssica Bouzas Maneiro, pero a vilagarciá está xa nos cuartos de final individuais do Torneo Internacional Provincia de Pontevedra-Viajes Interrías, que desde o martes e ata o domingo dirime os seus cadros finais nas pistas duras do Centro Cultural e Deportivo Sanxenxo. Onte, na sesión matutina, a alumna da Academia Tenis Ferrer debeu exprimir o seu tenis para impoñerse no primeiro set 7-6 (6) á francesa Amandine Monnot. O camiño cara ao triunfo de Bouzas ante a número 613 do circuito ITF Tennis Junior resultou menos agresivo no segundo set, que se levou xa cun 6-1.

A austriaca Elena Karner é o novo escollo no camiño de Jéssica cara ao título no primeiro dos dous torneos de Grao 2 que disputará entre esta semana e a que vén en Sanxenxo. Karner, que onte precisou de tres sets para dobregar a cabeza de serie número 1 do campionato, a bielorrusa Laskevich, 6-1/2-6/6-2, ocupa o posto 171 mundial.

No dobres, Bouzas e a húngara Toth venceron onte por un dobre 6-1 a gala Brugnone e a croata Wurth para acceder á semifinal do torneo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Bouzas dobrega a Monnot e accede a cuartos en Sanxenxo