Triunfo da traíña feminina do C.R. Mecos-Coruxo Isabel a seis días do inicio da Liga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

SANXENXO

MONICA IRAGO

A competición dará o sábado o pistoletazo de saída en Sanxenxo

11 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Liga Galega de Traíñas 2019 dará este sábado, en Sanxenxo, o seu pistoletazo de saída. Seis días antes, a tripulación do C.R. Mecos-Coruxo Isabel daba o pasado domingo un golpe de autoridade no Memorial Ruly organizado en Moaña pola S.D. Tirán. Fíxoo impoñéndose na regata feminina en 24.36.91, con 24,60 segundos de vantaxe sobre a segunda mellor traíña da xornada, a de Cabo (25.01.51). A anfitrioa, Tirán Pereira, rematou terceira xa a 1.08.92 (25.45.83), seguida da de Chapela (26.25.68) e da de Mugardos Reganosa (26.27.21).

Na categoría masculina o triunfo foi para Tirán Pereira, en 21.31.12, seguida de Cabo, cun tempo de 21.32.07, de Samertolameu Oversea, con 21.57.47, de C.R. Ares, con 22.04.77, e de Mecos Isabel, con 22.10.02. A traíña de Cuca Vilaxoán acabou decimoterceira, en 22.46.80, e a de Amegrove decimoquinta, en 23.17.41.