Competición de «hashtags» para o Concerto pola Lingua

Organizado polo Concello e dirixido a estudantes da ESO e bacharelato, o concerto se levará a cabo en Portonovo o 16 de setembro


sanxenxo / la voz

O departamento de Cultura de Sanxenxo puxo en marcha un concurso de hashtags, co obxectivo de fomentar e dinamizar o uso do galego entre os xóvenes e promocionar o segundo Concerto pola Lingua, organizado polo Concello que se levará a cabo en Portonovo o 16 de setembro. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos matriculados nos centros educativos sanxenxinos. Os participantes deberán entregar o seu hashtag ao profesorado do equipo de dinamización da lingua galega no centro en que estean matriculados. As propostas deberán estar en galego e non poderán conter estereotipos sexistas.

O Concello seleccionará unha das propostas como gañadora e o seu autor recibirá como premio unha tablet Samsung Galaxy Tab A-10, que non poderá ser canxeada polo seu valor en metálico.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Competición de «hashtags» para o Concerto pola Lingua