Portas, punto de partida da nova xira do Mago Teto con «O camiño do afiador»

Alfredo López Penide
L. Penide PORTAS / LA VOZ

PORTAS

O Mago Teto estará este domingo en Portas
O Mago Teto estará este domingo en Portas CULTURACTIVA

Inspirado no antigo oficio dos afiadores, o espectáculo «revive historias e lendas doutros tempos a través do ilusionismo e o humor»

02 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Un dos ilusionistas máis recoñecidos de Galicia, o Mago Teto, inicia este domingo no Teleclube de Romai, en Portas, a súa nova xira co espectáculo O camiño do afiador, «proposta que mestura maxia, tradición e memoria popular». Esta iniciativa conta coa promoción de Turismo de Galicia, da Xunta, e percorrerá seis concellos das catro provincias galegas.

Dende Culturactiva destacaron que O camiño do afiador xira arredor «dunha auténtica roda de afiar dos anos trinta, herdada polo propio Mago Teto dos seus antepasados». Deste xeito, inspirado no antigo oficio dos afiadores, o espectáculo «revive historias e lendas doutros tempos a través do ilusionismo e o humor».

Con esta proposta escénica rende homenaxe aos seus devanceiros e á cultura galega, recuperando a esencia dun oficio xa desaparecido e transformándoo en maxia viva para todos os públicos.

¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es