Xornada de presentacións literarias en Pontevedra con Javier Gándara, Mav Alonso, Primitivo Carbajo e Carolina Carinhas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Los escritores Javier Gándara Feijóo, autor de «A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII»; Carolina Carinhas, que firma «Sal nas feridas», Mav Alonso, con su novela «Nepente Aurora», y Primitivo Carbajo, con «Un país de eucaliptos»

As localizacións van dende o Museo de Pontevedra ata a Facultade de Belas Artes, pasando polas librarías O Peto Máxico e Metáfora

05 nov 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A deste xoves é unha xornada na que se sucederán as actividades literarias na cidade. Así, o Museo de Pontevedra acollerá, ás 19.30 horas, a presentación de A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII, do investigador Javier Gándara Feijóo, nun acto que estará presentado polo editor de aCentral Folque, Ramon Pinheiro.

Media hora máis tarde e na libraría O Peto Máxico, Mav Alonso presentará a súa novela Nepente Aurora. Á mesma hora, pero na Facultade de Belas Artes, o escritor e xornalista Primitivo Carbajo achegará o seu libro Un país de eucaliptos no transcurso dun acto que estará conducido por Benito Andrade, vicepresidente da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR).

Pola súa banda, ás 19.00 horas, Carolina Carinhas manterá unha conversa en torno a súa obra Sal nas feridas coa poeta e performer Silvia Penas na libraría Metáfora.