Leticia Rey: «O estudo do canto é un camiño místico e espiritual»

Miguel Cebrián Gómez
Miguel Cebrián REDACCIÓN

PONTEVEDRA CIUDAD

<span lang= gl >A cantante pontevedresa Lucía Rey presenta o seu novo disco, «Danza Luz».</span>
A cantante pontevedresa Lucía Rey presenta o seu novo disco, «Danza Luz».

Catro anos despois do seu primeiro disco, a artista pontevedresa atrévese a unir o teatro e o baile co seu proxecto «Danza luz»

29 oct 2026 . Actualizado a las 16:26 h.

Leticia Rey (Vila de Cruces,1995) decidiu dar un salto adiante. Despois de publicar o seu álbum Lux no 2022, esta profesora de Inglés que compara o estudo do canto coa experiencia monástica regresa co seu proxecto Danza Luz. Nel amañouse para integrar a melancolía da súa voz co teatro e a danza. Di que atopou un mundo do que non pode saír­.

—É profesora de Inglés, idioma que aparece nas súas cancións xunto ao castelán e, por suposto, o galego. Que vantaxes cre que ten empregar cada lingua áhora de compoñer?

—Creo que cada lingua ten unha sonoridade que convida a estilos diferentes. Máis ca de vantaxes eu diría que, dende o corazón, cada unha sae de forma dife rente. O castelán, por exemplo e aínda que tamén son estereotipos, vincúloo moito cos boleros. Cada lingua, xa sexa polo seu son ou polo que lembra, outorga ferramentas diferentes.

­—Séntese máis cómoda con algunha en concreto?

—Con todas, porque me permiten abrir portas distintas. Aprender sobre elas é unha grandísima decisión, sexa cal sexa. Cada unha é un universo diferente, dá unha cosmovisión distinta.

­—De que maneira coñecer unha lingua mellora a creación musical?

—Que interesante! No momento no que te mergullas nelas, afóndaste en culturas completamente distintas. Se o fas de verdade é superenriquecedor, tamén dende un punto de vista creativo.

­—Estiven a curiosar as súas listas públicas en Spotify e mesmo aparecen títulos en portugués e francés. Sempre está á procura de novas inspiracións? Actualízaas con frecuencia?

—Por suposto. Hai que escoitar música, hai que ler e ir ao cine. Nutrirse de cousas que teñan calidade. Unha das miñas maiores fontes de inspiración é ver tocar a compañeiros de profesión; amigos e amigas que tamén fan música. Tamén son unha persoa de hábitos e sei que música me gusta. As miñas bandas favoritas son Berrogüeto e Led Zeppelin, pero sempre trato de nutrirme de cousas novas. Hai moitísimas posibilidades e ás veces pode volverse abafador, sobre todo porque só temos unha vida.

—Se mo permite, ten unha voz mística, melancólica. Cre que as súas orixes na comarca do Deza teñen algo que ver? É unha zona con moita natureza e imaxino que gañará moito no outono...

—Moitas grazas por esa etiqueta, paréceme moi fermosa. Precisamente, é unha conversa que tiven moitas veces cos meus compañeiros. Penso que ese contacto coa natureza, coa introspección e o silencio espertou a miña parte creativa. Créoo totalmente.

­—Como foi o proceso de darlle personalidade á súa voz xunto ao seu mestre, Fernando Balboa?

—O estudo do canto é unha elección vital, un camiño místico e espiritual. Para min é iso, case coma unha relixión, algo de total entrega. Eu tiven a sorte de coñecer ao que é o meu mestre e puiden nutrirme cada día da súa sabedoría. É algo que levo dende a alma. Moi intenso todo [ri].

—O seu álbum «Lux» (publicado antes ca o de Rosalía) cumpre case un lustro. Como foi a acollida da súa primeira obra?

—Cada vez que boto a vista atrás, lembro o emocionante que foi. Fixémolo con moitísimo agarimo. Foi un disco moi especial que se gravou en directo sen que eu soubese que o estaban a facer. Foi algo único.

—Hai pouco publicaron a súa segunda obra, «Danza Luz», en formato físico. Nel traen algunha proposta diferente?

—Máis ca un disco, é un proxecto escénico no que incorporamos música, teatro e danza. É unha idea máis conceptual que conta con Iago Mouriño ao piano, Benxamín Otero ao corno inglés e Vadim Yukhnevich ao acordeón. Tamén fixen unha formación de varios meses coa bailarina Estefanía Gómez. O teatro atrapoume e non podo saír.

—Cando teñen pensado que saia en plataformas?

—En España, Danza Luz está previsto que saia o vindeiro 17 de novembro.

—Pensan en que lles deparará o futuro?

—Se algo define o que facemos é corazón. Corazón e comunidade. Todos os momentos que compartimos son marabillosos.