Touriñán recala con «Moi animal» en Afundación de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

AINÉ PRODUCIÓNS

Xosé A Touriñán ofrecerá catro funcións do seu novo monólogo, Moi animal, no auditorio de Afundación en Pontevedra. As entradas poden adquirirse a través de Ataquilla.com estando programados pases o sábado, ás 18.30 e 21.00 horas, e o domingo, ás 18.00 e 20.30 horas.

Con Moi animal, Touriñán «bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos».