De Diego Ameixeiras á problemática da vivenda, propostas culturais na contorna de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

XOAN A. SOLER

A actriz Saida Rkiek Sghiar dirixe un obradoiro de formación actoral

07 oct 2026 . Actualizado a las 16:41 h.

Neste mércores de outubro, a axenda cultural de Pontevedra e a súa bisbarra oferta toda clase de propostas lúdicas e de ocio, dende un curso de formación actoral ata a presentación da nova novela de Diego Ameixeiras.

 

Pontevedra

Hoxe • 10.00 horas • Misión Biolóxica de Galicia (MBG) • Nova xornada dentro do ciclo Creando Comunidade para un futuro habitable que, nesta ocasión, estará centrada na Biodiversidade como oportunidade. Contará coas intervencións de César Mosqueira, responsable da Área de Mellora Urbana do Concello de Pontevedra, Andrea Galmán, investigadora da MBG-CSIC, Alejandro Álvarez, responsable da empresa Galnus, e Artai Fontaíña, da ONG Amigas da Terra.

Helena Constela
 

Pontevedra

Hoxe • 18.30 horas • Espazo que se concreta ao inscribirse • Baixo o título de Cociña veciñal desenvolverase o terceiro encontro impulsado por Veciñxs, cita que, nesta ocasión, está centrado na figura de Mari Carmen Rodriguez, impulsora do icónico bar Andorra de Pontevedra.

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • Casa da Luz • A Concellería de Benestar Social promove o obradoiro de formación actoral Corpo e Voz, deseñado e coordinado pola asociación socio-cultural Inzar. Ao longo de seis sesións, a especialista en arte dramático Saida Rkiek Sghiar dirixirá este taller para que os participantes adquiran ferramentas comunicativas e poidan converterse nos seus propios dramaturgos. 

MUSEO DE PONTEVEDRA
 

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • Edificio Castelao • O Museo de Pontevedra organiza un novo curso sobre a relación da moda coa arte e a historia. Impartido por Carolina Munáiz ao longo de dez sesións, cada unha delas centrada na vinculación e incidencia da moda de determinados momentos ou acontecementos destacados do século XX nos eidos da historia e a arte, coa especial incidencia da música e do cine. Alegacións a Medida: Moda do Século XX é de acceso libre.

Ángeles Visdómine | EFE
 

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal) • Impulsado polo Ateneo e a Deputación de Pontevedra dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?, o avogado Javier Burón disertará sobre O problema da vivenda. Burón é autor do libro El problema de la vivienda. Cómo desactivar la bomba de relojería que amenaza con colapsar España.

DIVERSIDAD LITERARIA

Pontevedra

Hoxe • 19.30 horas • Museo • Amanda H. Rodríguez presenta O caderno dos soños no Edificio Castelao. Entrada de balde ata completar aforo.

Diego Ameixeiras, acompañado por Teresa Cuíñas, nunha recente visita á libraría Paz de Pontevedra
Diego Ameixeiras, acompañado por Teresa Cuíñas, nunha recente visita á libraría Paz de Pontevedra CAPOTILLO
 

Bueu

Hoxe • 19.00 horas • Sala Amalia Domínguez Búa • A Libraría Miranda organiza a presentación do libro O derradeiro gimlet, de Diego Ameixeiras. O autor estará acompañado por Fran Alonso, director de Xerais.