Continúa en Pontevedra a programación das Núbebes

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

O Pazo da Cultura de Pontevedra continúa coa programación de artes escénicas para a infancia co Festival das Núbebes. Neste sábado programouse Contos con Roque (11.30 e 17.00 h.), momentos musicais para familias con bebés con Lydia Botana (11.30, 17.00 e 18.00 h.), A trompa non só é cousa de elefantes (12.30 e 18.00 h.) e Unha festa de cans (12.30, 17.30 e 18.30 horas).