Remata a semana cunha intensa actividade cultural en Pontevedra e a súa bisbarra.
Pontevedra
Hoxe • 9.30 horas • Casa Consistorial • Continúa a celebrarse a reunión da Mesa de traballo de Arquivos da Administración Local que abordará este venres cuestións como a transparencia ou a administración electrónica para rematar cunha visita á Illa de San Simón.
Pontevedra
Hoxe • 19.00 horas • Libraría Paz • O autor de banda deseñada Hadrián Jamardo presenta Ladrillito, obra que resultou gañadora do Premio de Novela Gráfica Ajuntament de Paterna. Estará acompañado por Kiko da Silva.
Pontevedra
Hoxe • 18.00 horas • Pazo da Cultura • Arranca o XI Festival das Núbebes, que ofrecerá tres xornadas intensas de teatro, música e contacontos para bebés de 0 a 6 anos e familia. A programación empezará coa tradicional sesión inaugural gratuíta a cargo da mascota Roque e artistas convidadas. O acceso só será posible coa retirada na billeteiro do auditorio dun máximo de catro convites por persoa desde unha hora antes do inicio.
Pontevedra
Hoxe • 19.00 horas • Liceo Casino • Inauguración de mostra A través del tiempo, de Violeta Arisha, que recolle das súas obras máis recentes, que envolven ao espectador dunha forma «surreal», facendo ver que o que lles conta «é verdade», aínda que non de todo.
Pontevedra
Hoxe • 19.30 horas • Fundación Cuña Casasbellas • Tertulia Poética deseñada como un espazo dinámico e participativo arredor de poemas, relatos e contos. O reto desta sesión consiste en transformar un poema mantendo a súa estrutura e sintaxe orixinais.
Marín
Hoxe • 16.30 horas • Alameda • A cuarta xornada de convivencia do programa +Convivir, que impulsa a Deputación de Pontevedra, desenvolverase en Marín programando un obradoiro sobre o alzheimer a cargo de Afapo, outro de risoterapia da man de Mónica Novas, sendas actividades de zumba e de bailes de salón para rematar cunha merenda dinamizada por un DJ.
Sanxenxo
Hoxe • 18.30 horas • Biblioteca de Portonovo • El Mago Teto presenta A maxia dos contos, espectáculo que fusiona narrativa de historias tradicionais co ilusionismo.
Poio
Hoxe • 20.00 horas • Campelo • A Praza da Granxa acolle a duodécima edición da Oktoberfest de Campelo, no que se fusiona cervexa con gastronomía e música en directo. Deste xeito, programouse as actuacións de Gin Toni’s e DJ Arrow.