Da arte de Jose Freixanes ao humor de Tricicle

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Máis dunha ducia de propostas culturais e de lecer marcan a axenda de Pontevedra e a súa contorna

25 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Pontevedra e a súa contorna serán escenario este venres de multitude de propostas de lecer e culturais de distinta indole.

MUSEO DE PONTEVEDRA
 

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • Museo • No marco dos derradeiros días da exposición José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025, que se clausura este domingo, o Edificio Castelao acollerá a segunda das xornadas arredor da figura do pintor pontevedrés falecido o ano pasado. Será a cargo de Alberto Avendaño, quen publicara en 2023 xunto a José Freixanes o libro Bueno carallo bueno, no que dialogaban a poesía dun e a pintura do outro.

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • Libraría Paz • A editorial La Cúpula presenta en Pontevedra a novela gráfica Dos personas coa asistencia da súa autora Teresa Ferreiro e a editora Natalia Mosquera.

XOAN A. SOLER

Pontevedra

Hoxe • 19.00 horas • O Peto Máxico • Encontro literario con Abril Camino, no que a escritora presentará Mulleres que viven xuntas, obra galardoada co Premio Xerais de Novela.

BEATRIZ BAQUEIRO

Pontevedra

Hoxe • 18.00 horas • Biblioteca pública Antonio Odriozola • Brais das Hortas chega a Pontevedra co Consertasso na horta. Entrada de balde ata completar aforo.

Pontevedra

Hoxe • 20.00 horas • Mercado de Abastos • A Pedreira desenvolve un obradoiro de baile solto da man de Chechu Riquelme para, a continuación, dar paso a unha foliada coa participación de Son dá Pedra (Salcedo) e Ultreia (Compostela).

 

Pontevedra

Hoxe • 20.00 horas • UNED • O salón de actos recibe ao Grupo de Danzas Amor Ruibal como prolegómeno da primeira Xornada de Convivencia que coincidirá co Día Internacional das Persoas de Idade.

 

Pontevedra

Hoxe • 20.30 horas • Auditorio de Afundación • Carles Sans, ex de Tricicle, pon en escena o seu espectáculo Por fin me voy.

Miguel Villar

Poio

Hoxe • 21.00 horas • Praza Alfredo Romay • Cinema de Serán, o novo ciclo de cine na rúa para público familiar que desenvolve a Deputación de Pontevedra, continúa a súa programación en Samieira, no Concello de Poio, coa proxección de +Cuñados.

CONCELLO DE BUEU
 

Bueu

Hoxe • 20.00 horas • Centro Social do Mar • O Concello de Bueu organiza a presentación do libro Os muíños de auga na península do Morrazo, no que o seu autor, Manuel Aldao, estará acompañado polo mestre e investigador local Arturo Sánchez Cidrás.

CONCELLO DE CERDEDO COTOBADE
 

Cerdedo Cotobade

Hoxe • 17.00 horas • Centro Cultural Antonio Fraguas • Segundo dos seminarios Mareas de Coñecemento, que estará adicado aos Timos, achegando aos asistentes coñecementos e ferramentas útiles para identificar e previr este tipo de estafas.

FESTIVAL ELLAS CREAN
 

Cuntis

Hoxe • 22.00 horas • Praza da Constitución • A Deputación de Pontevedra, e no marco do programa +Música, impulsa un concerto de Vanesa Muela e A Banda Traka en Cuntis. Vanesa Muela é cantante, multiinstrumentista e divulgadora de música tradicional figurando no seu repertorio xotas, romances, seguidillas, charros...

Marín

Hoxe • 12.00 horas • Ateneo Santa Cecilia • Inauguración da mostra Arte e sensibilidade, exposición que estará aberta ata o vindeiro 12 de outubro e que recolle pezas elaboradas nos obradoiros impulsados pola Asociación Alba. 

MONICA IRAGO

Caldas de Reis

Hoxe • 19.30 horas • Hotel Roquiño • A Asociación Cultural Terra Calda organiza o encontro poético-literario Almario de palabras, que estará conducido por Augusto Guedes.

ATEGAL
 

Caldas de Reis

Hoxe • 18.30 horas • Local social de Santa María • Xornada de formación impulsada pola Asociación de Tecores Galegos (Ategal) na que se abordarán aspectos fundamentais sobre a xestión das poboacións de especies cinexéticas, enfermidades e seguridades nas batidas e monterías.