A cultura friki reaparecerá o 12 e 13 de setembro en Pontevedra xunto cun certame de Cosplay
PONTEVEDRA CIUDAD
O Lérez Up volverá a reunir a familias e xuventude apasionadas polo cosplay e o ocio alternativo
22 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Lérez Up é o salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra organizado en colaboración co Concello de Pontevedra e Gaming Troop. Este espazo creouse no ano 2022 coa intención de propiciar un punto de encontro para familias e xuventude apasionadas polo cosplay, a cultura xaponesa e o ocio alternativo. Volve este año os días 12 e 13 de setembro cun programa reforzado que combina novas actividades, zonas temáticas e colaboracións locais.
Nesta quinta edición a Lérez Up volverá apostar por unha zona indie ampliada, co obxectivo de apoiar o talento creativo en sectores coma o deseño e desenvolvemento de videoxogos, a animación, a arte dixital ou o deseño de interfaces. Tamén regresa a iniciativa do Pasaporte Indie, que invita a percorrer tódolos postos da zona, descubrir cada un dos títulos participantes e votar polo seu videoxogo favorito. O que obteña a mellor valoración do público recibirá o recoñecemento ao Mellor Xogo Indie de Lérez Up 2026.
Este salón da cultura friki xa ten abertas as inscricións para o seu Concurso de Cosplay, unha das actividades máis destacadas das súa programación. A competición terá lugar o sábado 12 de setembro ás 17.00 horas no salón de Actos do Recinto Feiral. Estará aberta tanto para cosplayers con experiencia coma para as persoas que se animen por primeira vez a participar no certame.
Cosplay: premios e inscricións
O concurso contará con diferentes categorías e premios económicos, ademais dun lote de produtos de Green Stuff World con cada uno de los premios. A empresa que se suma a esta edición como patrocinadora dos galardóns. O primeiro premio individual ou grupal é de 200 euros e o segundo premio individual ou grupal é de 100 euros. Por outra banda, daranse tres mencións. Unha mención ao mellor prop que equivale a 60 euros, outra á mellor confección de 50 euros e a última ao mellor cosplay infantil que levará merchandising e un diploma.
O xurado desta edición estará formado por tres referentes da escena cosplay internacional. Hantzie de Portugal, Manueki de Zaragoza e Rea de República Checa, serán os encargados de valorar as propostas presentadas. A competición desenvolverase sobre o escenario ante un público de máis de 300 persoas e se terá en conta tanto o deseño, elaboración e acabado dos traxes coma a interpretación e posta en escena dos personaxes.
As inscricións están abertas a través da páxina web oficial, no apartado de Cosplay. As persoas participantes deberán consultar previamente as bases do concurso, onde se recollen todos os requisitos e condicións para participar. Para consultar máis información sobre as entradas e a programación tamén se poderá acceder as redes sociais.
Coa celebración deste certame, a Lérez Up reafirma a súa aposta polo cosplay coma unha das disciplinas fundamentais dentro da programación do evento, nun espazo que combina creatividade, artesanía, interpretación, cultura, fandom e comunidade. E volverá a reunir as persoas interesadas nos videoxogos, o k-pop e demais actividades de ocio alternativo.