A tradicional feira do mel de Pontevedra chega os días 11 e 14 de agosto
06 ago 2026 . Actualizado a las 13:03 h.Meleira é a tradicional feira do mel de Pontevedra. Durante os días 11 a 14 de agosto, celebrarase o mercado do mel e os produtos de calidade galegos derivados desta materia prima na zona monumental, preto do Mercado de Abastos.
A feira foi presentada pola edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, que veu acompañada de Esther Ordóñez, presidenta del Consello Regulador Mel de Galicia; Miguel Lago, presidente de la Asociación Centro Comercial Urbano zona monumental de Pontevedra; e José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia.
A mel é un dos piares básicos do sector produtivo e primario de Galicia. Anabel Gulías recalcou a importancia de apoiar este evento para activar a economía local e galega, incidindo en que o mel de Galicia conta con altísimos estándares de calidade regulados baixo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Tamén incidiu na labor das persoas que traballan e apicultura, e en que temos que manter o medio ambiente vivo para facer fronte a emerxencia climática actual.
Programación da feira
A programación comezará o martes 11 de agosto. Pola mañá, as 11.00 horas inaugurarase a feira ao son dun cuarteto de música tradicional. Pola tarde, actuarán os títeres Alakran as 19.00 horas. Ás 20.00 realizarase o obradoiro Extrae o teu mel, para aprender a facer a extracción de mel artesanalmente. Xa chegadas 20.30 horas farase unha degustación de Mel de Galicia con Pan de Cea.
Pola súa banda, o mércores 12 de agosto as 12.30 horas, farase unha cata de queixos galegos e as 20.00 horas volverá repetirse o obradoiro Extrae o teu mel. Ás 20.30 horas haberá de novo unha degustación, neste caso unha merenda de queixo co Mel de Galicia IXP.
O día 13, ás 12.30 horas farase a cata de mel. Mentres que pola tarde chegará o taller de elaboración de velas con cera de abella natural as 19.00 horas. Ás 20.00 horas será como o resto dos días, o obradoiro para aprender a extraer mel, e as 20.30 a diferenza será que a degustación de mel será con iogur.
O último día será o venres 14 de agosto. Pola mañá non haberá actividades, mais as 19.00 horas terá lugar un espectáculo de Brais Hortas. Máis adiante, volverá a extraerse mel e a merenda de mel con iogur natural volverase facer para rematar.
Tanto os obradoiros diarios de extracción de mel, as catas formativas, as actividades creativas e infantís completan a experiencia de mercar mel galego de calidade na cidade.