Que facer este sábado en Pontevedra?

PONTEVEDRA CIUDAD

A cidade de Pontevedra e a súa contorna desenvolverán este sábado unha serie de actividades de carácter lúdico para toda a familia.

Pontevedra

Hoxe • 23.00 horas • Praza da Pedreira • Coa proxección en formato de 35 milímetros de O home que matou a Liberty Valance, de John Ford, rematará o ciclo de cinema ao aire libre Cinema e Estrelas.

Ramón Leiro
 

Pontevedra

Hoxe • 11.30 horas • Contorna da Ferrería • Ata o domingo, a capital provincial acolle o Memorial Ricardo Portela, que nesta edición rende homenaxe a José Fernández Canosa, O ghaiteiro do Piñeiro. Ademais da XXIV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que estará no Paseo de Antonio Odriozola, o programa deste sábado recolle pasarrúas con Airiños de Carril, Os Enxebres de Caxeiras, Os Picurruchos e Picuiña ás 11.30 e 18:00 horas, o acto de homenaxe ás 21.00 horas e a actuación, a partires das 21.15 horas, de Cantares do Brión.

RAMON LEIRO

Bueu

Hoxe • 12.00 horas • Museo Massó • Con inscrición previa e de balde, desenvolverase un obradoiro de verán para nenos de 4 a 6 anos titulado Que quero facer de maior?

CONCELLO DE BUEU
 

Bueu

Hoxe • 12.30 horas • Aula da Natureza de Cabo Udra • As actividades medioambientais de verán continúan cun obradoiro sobre pegadas de animais para nenos de 5 anos en diante.

CONCELLO DE POIO
 

Poio

Hoxe • 18.30 horas • A Seca • A Asociación San Cristovo celebra ao seu patrón, cita que serve para recoñecer o labor do sector do transporte. A programación comezará ás 18.00 horas cunha concentración de vehículos, onde posteriormente se celebrará unha misa cantada pola Coral de Poio. Ao seu remate, tradicional bendición de todos os vehículos asistentes para, posteriormente, actuar a agrupación folclórica local Vides Novas e posterior percorrido polas rúas do concello. Ás 22.00 horas, cea de confraternidade amenizada polo grupo Marema.

Sanxenxo

Hoxe • 21.00 horas • Distintas localizacións • A vila turística ofrece, ao longo deste sábado, distintas actividades. Así, a carballeira de Noalla acollerá unha actuación do Mago Pablo Estévez-Galicia no marco do terceiro Ciclo Internacional de Maxia de Sanxenxo, mentres que a Asociación Cultural San Pedro de Bordóns organiza, a partires das 22.00 horas, unha Festa Ye-Yé na praza Manuel Cortés. Pola súa banda, dende as 22.30 horas, no campo das festas de Nantes desenvolverase unha nova sesión do cinema na rúa co filme Buffalo Kids.