Opinión
25 artigos para entender Galicia
A praza da Pedreira de Pontevedra acolle a proxección do filme taiwanés «A rapaza zurda»
PONTEVEDRA CIUDAD
A exhibición enmarcase no ciclo Cinema e Estrelas
08 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A segunda sesión do ciclo Cinema e Estrelas estará adicado este mércores á unha das cinematografías asiáticas máis recoñecidas. Así, a partires das 23.00 horas, a praza da Pedreira acollerá a proxección de A rapaza zurda, obra da directora Shih-Ching Tsou.
Con este filmen, a realizadora debutou en solitario para narrar «o traslado de tres xeracións dunha familia a Taipei para montar un posto de fideos, mentres conviven cunha peculiar superstición familiar sobre a man esquerda da filla pequena». Ramón Poza, presidente do Cineclube Pontevedra, destacou que foi rodado integramente con iPhone en localizacións reais e luz natural, e contou coa coescritura e produción do recoñecido cineasta Sean Baker.