Iria Lombardia dialoga no Museo de Pontevedra con Castelao e Goya na nova mostra do proxecto «Infiltracións»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Presentación de «Mudanza» no Museo de Pontevedra
Presentación de «Mudanza» no Museo de Pontevedra ADRIÁN BAÚLDE

A artista asturiana inaugura este venres a exposición «Mudanza» na que toma como eixe central a emigración

12 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende este venres, ás 18.00 horas, e ata o 25 de outubro poderase visitar nos edificios Castelao e Sarmiento do Museo de Pontevedra a mostra Infiltracións. Ira Lombardía. Mudanza. Trátase da cuarta proposta deste programa expositivo comisariado por Iñaki Martínez Antelo, no que artistas contemporáneos crean proxectos específicos en diálogo coas coleccións do propio Museo.

A artista asturiana afincada en Nova York combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre o concepto de desprazamento e a súa relación coa memoria. Con Mudanza, Lombardia desenvolve unha serie de estruturas situadas na primeira planta do Edificio Castelao e na segunda planta do claustro do Edificio Sarmiento tomando como eixe central a emigración para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Presentación de «Mudanza» no Museo de Pontevedra
Presentación de «Mudanza» no Museo de Pontevedra ADRIÁN BAÚLDE

«Utiliza obras de Goya e Castelao e cunchas mariñas da colección de Casto Méndez Núñez», precisou a directora do Museo, Ángeles Tilve, mentres que Martínez Antelo, precisou que «ao percorrer o Museo, emerxeron cuestións vinculadas á migración, ao desprazamento, á morriña, ao exilio… Temas que quizais non sempre aparecen de maneira explícita en cada obra, pero que estaban aí».

Pola súa banda, Iria Lombardia confesou que hai dous anos, na súa primeira visita ao Museo, «conectei con Santa Trahamunda», o que a levou a entender «moi ben a idea de morriña, de nostalxia. Preocúpame que parte de nós levamos e que parte deixamos atrás». «Se hai un proxecto que abre as ventás do Museo é Infiltracións, porque se trata dunha interpretación artística actual do que conserva o Museo, e iso ilumínao», remarcó, por su parte, Rafa Domínguez.