Arranca en Pontevedra o Surfing the Lérez, o festival que da a benvida ao verán
PONTEVEDRA CIUDAD
A cidade e a súa contorna ofrecen outras moitas alternativas de ocio
12 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A semana remata en Pontevedra e a súa contorna, pero non así as actividades de lecer.
Pontevedra
Hoxe • 17.15 horas • Illa das Esculturas • Co concerto de Mamasunción arrancará esta edición do Surfing The Lérez no Escenario Sala Karma, polo que tamén pasarán Hofe (20.15 h.), Grande Amore (22.40 h.) e Galician Army (1.00 h.). Pola súa banda, polo Vibra Mahou estarán Queen Rendi (19.15 h.), El Nido (21.30 h.) e 9Louro (23.55 h.), mentres que o Romería Club contará con Sergio El Indio (18.30 h.), Elegnelo (20.00 h.), Eme DJ (21.30 h.), DJ Mil (23.00 h.) e Maefield (1.00 h.). Xa por último, o Escenario El Chato programou a Gold & Colt (18.00 h.), The Limboos (20.30 h.), Freedonia (23.00 h.) e The Twist Collection (1.00 horas).
Pontevedra
Hoxe • 12.00 horas • Arquivo Histórico Provincial • Con ocasión do Día Internacional dos Arquivos, organízase unha xornada de portas guiadas e visita guiada á mostra Deseñar o espazo: arquitectura e urbanismo en Pontevedra no século XX. Ás 19.00 horas, conferencia de Sergio Portela, arquitecto e artista, sobre a Transformación urbana a través da historia da cidade de Pontevedra e actuación Sofía Espiñeira, cantautora galega e artista escénica en teatro, circo e danza.
Poio
Hoxe • 17.30 horas • Lourido • O Concello de Poio inaugura a rehabilitación integral do parque infantil Costa Xiráldez con temática mariña cunha festa para a rapazada que conta con escuma e a animación de Javi Solla. Ademais, descubrirase unha escultura, elaborada pola Escola de Canteiros de Galicia, en honra das familias.
Poio
Hoxe • 18.00 horas • Parque de Ánkar • A Deputación de Pontevedra leva ata Poio a xira de contacontos ilustrados e musicados As letras de Begoña Caamaño. Trátase dunha iniciativa cultural que busca poñer en valor a figura da xornalista e escritora homenaxeada neste 2026 pola Real Academia Galega dividida en tres partes, nas que se alternará a narración da biografía de Begoña Caamaño, a realización dunha ilustración e de distintas interpretacións musicais. A continuación xerarase un debate arredor da figura homenaxeada nas Letras Galegas deste ano e rematarase cun obradoiro no que todos os asistentes realizarán unha caricatura da autora.
Pontevedra
Hoxe • 23.45 horas • Pub Bazaar • Lija y Terciopelo rende homenaxe a unha das bandas máis emblemáticas do rock estatal, Marea, repasando os seus grandes clásicos coa forza, a actitude e a esencia que converteron as súas cancións en auténticos himnos para varias xeracións.
Marín
Hoxe • 10.00 horas • Finca de Briz • Dirixida exclusivamente a mulleres adultas residentes en Marín, O Centro de Información á Muller (CIM) desenvolve a segunda sesión de Maraxe: Encontros en Briz, «iniciativa pensada para promover o benestar emocional, a convivencia e a creación de redes de apoio entre as mulleres do municipio (...). O programa nace coa vontade de ofrecer un espazo seguro, acolledor e participativo no que as asistentes poidan compartir experiencias, conectar consigo mesmas e fortalecer vínculos con outras mulleres a través de dinámicas lúdicas, creativas e de desenvolvemento persoal».
Pontevedra
Hoxe • 18.30 horas • San Bartolomé • A parroquia pontevedresa celebra a festividade do Sagrado Corazón de Jesús coa exposición do Santísimo para a adoración dos fieis. Ás 20.30 horas, misa solemne seguida de procesión.
A Lama
Hoxe • 11.30 horas • CEIP A Lama • O circuíto +Escénicas, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, recala na Lama con Molto Barroco, de Píscore.
Pontevedra
Hoxe • 18.30 e 20.30 horas • Continúa a programación de Sete Falares cunha dobre cita para público adulto. Por unha banda, a brasileira Benita Prieto estará no paraninfo do IES Valle-Inclan e, por outra, os madrileños Borrón y cuento nuevo e o cubano Aldo Méndez visitarán a Residencia de Maiores de Campolongo.
Pontevedra
Hoxe • 10.00 horas • Espazo Lector Nobel • A autora Lisi Da Silva estará asinando exemplares dos seus libros de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.