Carlos Amado e Jesús Carrasco presentan os seus novos libros en Bueu e Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Carlos Amado e Jesús Carrasco
Carlos Amado e Jesús Carrasco

A literatura volve ser protagonista cultural na contorna de Pontevedra con dúas presentación de novidades. Así, ás, 19.30 horas, a Libraría Miranda organiza a presentación do poemario Monte aberto, de Carlos Amado, no Bar Aturuxo, onde o autor estará acompañado da poeta Míriam Ferradáns e o editor Antón Lopo.

O poeta Carlos Amado
O poeta Carlos Amado

Á mesma hora, pero na libraría Cronopios, Susana Pedreira entrevistará a Jesús Carrasco que chega a Pontevedra co seu último traballo El detalle, no que segue explorando os conflitos da vida doméstica, neste caso, dunha parella.