Coa posta en escena no Pazo da Cultura de Pontevedra, a partires das 20.30 horas, da peza teatral Apaga o candil arrancará este domingo unha nova edición de Sete Falares. «É o único espectáculo de pago de todo o programa», precisou de Tareixa Alonso, de Pavís Pavós.
Neste sentido, explicou que «o teatro é outra das artes escénica na que a fala ten unha relevancia moi importante, pero non o fixemos por iso, senón porque esta obra vai sobre a vida de Carlos Díaz, O Xestal, un humorista, contador de historias, popularizou a canción do mesmo nome, e foi unha figura moi comprometida socialmente naqueles tempos», engadiu dunha obra guionizada e dirixida por Cándido Pazó.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es