Con motivo do eclipse solar do 12 de agosto, a Concellaría de Xuventude de Pontevedra desenvolverá ás 11.00 horas unha iniciativa formativa dirixida a profesionais do ámbito sociocultural, do lecer e do tempo libre. Esta charla informativa terá lugar na Casa da Luz e estará impartida por persoal da Asociación Astronómica Sirio.
Dende o concello precisaron que «o obxectivo é ofrecer aos mediadores e mediadoras as ferramentas necesarias para actuar como axentes de difusión deste evento extraordinario, garantindo un visionado seguro». Durante a actividade repartiranse lentes homologadas para a observación e ensinarase a confeccionar unha caixa de observación indirecta.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es