A cidade e a súa contorna ofertan toda clase de propostas de lecer
28 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Un día máis, Pontevedra e a súa contorna aglutinan unha completa xornada de actividades culturais de diversa índole.
Cine
Hoxe • 21.00 horas • Auditorio Emilia Pardo Bazán • Primeira das catro sesións de Sanxenxo de Cine coa proxección de Así chegou a noite, de Ángel Santos.
Gastronomía
Hoxe • Consultar • Poio e O Campo Lameiro • A Deputación de Pontevedra continúa a xira das food trucks do Sabor das Rías Baixas en Poio, na Praza da Chousa, Combarro, de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e O Campo Lameiro, na Praza do Concello de 9.00 a 15.00 horas.
Música
Hoxe • 20.30 horas • Bar Rula • O Estudo Bonobo presenta o disco dos seus alumnos baseado en temas dos australianos Tame Impala.
Literatura
Hoxe • 19.00 horas • Libraría Paz • O arquitecto técnico e doutorado en Belas Artes Xurxo Estévez presenta o seu libro Notas ao pé de páxina.
Literatura
Hoxe • 20.30 horas • Café Moderno • Presentación do libro La sombra del tránsito, de Nacho Piñeiro.
Cine
Hoxe • 20.00 horas • Facultade de Belas Artes • Proxección de 9 lunas, de Patricia Ortega, no marco da novena edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra.