Arranca no Museo de Pontevedra un seminario en torno a Mercedes Ruibal e Pérez Bellas
PONTEVEDRA CIUDAD
Nesta primeira sesión intervirán Cristina Villaverde Ruibal, Marga do Val, Xosé Enrique Acuña e Graciela Baquero
28 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Baixo o título de Tecendo pinturas. As artes de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas, o Museo de Pontevedra desenvolverá este xoves e vindeiro 19 de xuño un seminario no que se analizará a estes dous artistas en paralelo á mostra Arte en parella.
Dirixido por Cristina Villaverde Ruibal, comisaria da exposición, no seminario unha serie de especialistas abordarán, «con distinta voz e contidos, os tempos que lle tocou vivir a esta parella de artistas, intensamente comprometida coa creación e a cultura». Deste xeito, a partires das 16.30 horas, Cristina Villaverde Ruibal analizará os primeiros anos de vida de Mercedes Ruibal e a súa relación con Xeve e Pontevedra, así como proceso migratorio persoal e familiar que viviu a pintora na Arxentina, mentres que a escritora Marga do Val centrarase no libro de Mercedes Ruibal, Confesiones de volatinera con bragas de repuesto al dorso.
Posteriormente, intervirán Xosé Enrique Acuña e Graciela Baquero para rematar co documental Homenaxe a Pérez Bellas.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es