¿Qué facer este mércores 20 de maio en Pontevedra e a súa contorna?

PONTEVEDRA CIUDAD

Rodaxe de «La mala educación» en Ortigueira
Rodaxe de «La mala educación» en Ortigueira CESAR TOIMIL

Dende actuacións musicais ata conferencias de arquitectura

20 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo deste mércores sucederanse en Pontevedra e a súa contorna toda clase de eventos de carácter cultural.

O arquitecto Mauro Lomba
O arquitecto Mauro Lomba 0003_202605P20C5992

Arquitectura

Hoxe • 20.00 horas • Casa das Campás • O Ateneo de Pontevedra continúa co seu ciclo de conferencias A estirpe de Sesmero cun relatorio a cargo do arquitecto Mauro Lomba, quen se iniciou «na práctica da profesión en Francia», aínda que é en 1996 que «abre en Pontevedra un estudo que mantén ininterrompidamente ata hoxe e que durante moitos anos compaxinou co espazo artístico Nemonon».

MUSEO DE PONTEVEDRA

Música

Hoxe • 19.00 horas • Museo de Pontevedra • Nova sesión da terceira edición do curso Olladas musicais: audicións comentadas que se desenvolve no Edificio Castelao da man da profesora Sara Domínguez Lloria. Nesta ocasión, fará un percorrido polas arias máis célebres do repertorio operístico.

O grupo Camerata Arven
O grupo Camerata Arven

Música

Hoxe • 20.30 horas • Afundación • Organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, concerto da Camerata Arven baixo a dirección de Francisco Javier Morgade que ofrecerá un programa íntegramente dedicado a Mozart. No concerto para clarinete actuará de solista o propio Morgade. Con esta actuación, a sociedade clausura a tempada ante a cancelación do concerto do 20 de xuño.

A cantante Bonnie Cooper
A cantante Bonnie Cooper MUSEO DE PONTEVEDRA

Música

Hoxe • 19.30 horas • UNED • Baixo a denominación de Voces en armonia, concerto de Bonnie Cooper co Coro UNED Pontevedra como mostra do traballo desenvolvido na actividade Coro Aberto - Open Choir.

Presentación de «Lo que perduda» por María Ramos
Presentación de «Lo que perduda» por María Ramos

Literatura

Hoxe • 20.00 horas • Liceo Casino • Presentación do libro Lo que perdura a cargo da súa autora, a pontevedresa María Ramos Lorenzo, que estará a acompañada por Víctor Méndez.

Imaxe de arquivo de Alberte Blanco Casal
Imaxe de arquivo de Alberte Blanco Casal ÁLVARO BALLESTEROS
 

Literatura

Hoxe • 19.30 horas • Centro Social do Mar • A Libraría Miranda de Bueu continúa cos seus Mércores Literarios, nesta ocasión, invitando a Alberte Blanco Casal a presentar o seu libro O pazo das marismas. Estará acompañado por Anxo González Guerra.

Food truck dos Sabores das Rías Baixas
Food truck dos Sabores das Rías Baixas DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Gastronomía

Hoxe • De 9.00 a 15.00 horas • Mercadillo de Portonovo • A Deputación de Pontevedra continúa a xira das food trucks do Sabor das Rías Baixas con parada nos concellos da Estrada, Ponteareas e Sanxenxo. Nos tres concellos, distribuiranse de xeito gratuíto preparacións inspiradas nos pratos típicos dos eventos gastronómicos de interese turístico da provincia. 

Rodaxe de «La mala educación» en Ortigueira
Rodaxe de «La mala educación» en Ortigueira CESAR TOIMIL

Cine

Hoxe • 18.30 horas • Facultade Comunicación • Proxección de La mala educación, de Pedro Almodóvar, dentro do ciclo queer!