Dende conferencias de arquitectura a exhibicións cinematográficas
PONTEVEDRA CIUDAD
O IES Chan do Monte acollerá a proxección do documental «Begoña Caamaño: navegar no pracer azul»
13 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Pontevedra e a súa contorna ofrecen distintas actividades de ocio, dende proxeccións cinematográficas ata conferencias de arquitectura.
Relatorio
Hoxe • 19.00 horas • Casa da Campás • No marco do ciclo A estirpe de Sesmero, o Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia do arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas.
Vilaboa
Hoxe • 18.00 horas • Casa da Cultura de Riomaior • Continua a programación da Semana das Letras con Erea Mora e A cabra montesina. Espectáculo dirixido, especialmente, a público infantil.
Marín
Hoxe • 10.40, 11.30 e 12.50 horas • IES Chan do Monte • A Semana Cultural de Seixo programou a proxección do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer azul, de Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez.
Seminario
Hoxe • 19.00 horas • Edificio Castelao • O Museo de Pontevedra organiza o curso Olladas musicais: audicións comentadas que imparte a profesora Sara Domínguez Lloria. Esta sesión céntrase «na práctica fascinante de transformar as letras do nome propio en notas e converter a identidade en materia sonora, con exemplos tomados de Bach, Shostakóvich ou Schumann», precisaron.
Cine
Hoxe • 18.30 horas • Facultade de Comunicación • O ciclo queer! proxecta en Pontevedra o filme Tu man nieko neprimeni, de Marija Kavtaradze.