Pleno de presentacións literarias esta semana na libraría Paz de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

Silvia Bardelás visitará este luns a libraría Paz
Silvia Bardelás visitará este luns a libraría Paz

Este luns visitará a libraría a escritora Silvia Bardelás co seu libro «Una conciencia nueva. La urgente pregunta de quienes somos»

03 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A semana que comeza este luns será un pleno de presentacións literarias na libraría Paz de Pontevedra. Deste xeito, este 4 de maio (19.00 h.), acompañada pola editora Penélope Pedreira, estará a escritora Silvia Bardelás co seu libro Una conciencia nueva. La urgente pregunta de quienes somos, mentres que o mércores será a quenda da escritora Begoña Feijoó e Un anaco de mazá seca.

Pola súa banda, o 7 de maio, visitará a libraría a escritora Alba Tomé con As humidades e o venres será a poeta Lorena Souto, acompañada por Genaro da Silva, quen presente Exuvia e saliva. Por último, o tamén poeta Eugénio Otero le vará o seu Réquiem á libraría o 9 de maio a partires das 12.30 horas.