«O sofá violeta» senta a Begoña Caamaño no IES Sánchez Cantón de Pontevedra en torno a «Morgana en Esmelle»
PONTEVEDRA CIUDAD
Contarase coa presenza de Beatriz Caamaño e de Anxos Rial
30 abr 2026 . Actualizado a las 09:54 h.O vindeiro 5 de maio (19.00 h.), o club de lectura feminista O sofá violeta, que organiza o CIM de Pontevedra e a Concellería de Igualdade, desenvolverá no IES Sánchez Cantón unha edición especial co gallo das Letras Galegas. Será arredor do libro Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano, e contará coa presenza da súa irmá, Beatriz Caamaño, que se achegará á parte máis humana da autora, e tamén coa profesora Anxos Rial, coordinadora do club de lectura deste instituto.
O sofá violeta é un club de lectura itinerante, que percorreu xa o Centro Social de Gorgullón, a biblioteca do CIFP A Xunqueira e a Escola de Cons de Mourente. Nesta ocasión volverá a un centro de ensino e, como novidade, vivirá un encontro interxeracional, entre as lectoras do club feminista e o alumnado deste instituto pontevedrés, que tamén fixo a lectura da obra obxecto desta sesión.