A cidade segue a conmemorar os 180 anos da Revolución Galega de 1846
18 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A programación cultural continúa na contorna de Pontevedra cunha serie de actividades de diversa índole.
Música
Hoxe • 20.30 horas • Pazo da Cultura • Concerto solidario con Manos Unidas ofrecido polas Orquestras Infantil e Xove da Sinfónica de Pontevedra.
Roteiro
Hoxe • 13.00 horas • A Pedreira • No marco dos actos polos 180 anos da Revolución Galega de 1846 desenvolverase un roteiro histórico seguido dun xantar popular.
Mercadillo
Hoxe • 11.00 horas • Pasarela de Xosé Adrio Barreiro • O Concello pon en marcha unha nova edición do mercado de segundas oportunidades Segundo Premio, que tamen se concibe como unha xornada de convivencia para os barrios, promovendo a responsabilidade co medio ambiente.