Conferencia homenaxe á figura do pontevedrés Sabino Torres

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Imaxe de arquivo de Sabino Torres na biblioteca do Museo de Pontevedra
Imaxe de arquivo de Sabino Torres na biblioteca do Museo de Pontevedra CAPOTILLO

Intervirán Gerardo Lorenzo, editor e analista, e Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

15 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A partires das 19.00 horas, o Ateneo de Pontevedra organiza na Casa das Campás unha a conferencia arredor de Sabino Torres. Enmarcada dentro do ciclo Figuras Pontevedresas, está prevista a participación de Gerardo Lorenzo, editor e analista, e de Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Con entrada é libre ata completar o aforo, dende o Ateneo lembraron que Sabino Torres comezou a súa actividade periodístina en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro para, seis anos máis tarde, editar a colección de poesía Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira que tivo 17 publicacións. Entre outros fitos, dende 1952 foi membro da RAG, un ano despois fundou o seminario Litoral e en 1992 a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez, ademais de ter unha extensa obra escrita.