Sés e o Mago Paco, protagonizan a xornada do Salón do Libro de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

Reciente actuación de Sés
Reciente actuación de Sés LAURA LEIRAS

José Luis Ageitos Míguez, pola súa banda, pronunciará o pregón da Semana Santa

11 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Literatura, cinema e gastronomía conviven este mércores na contorna de Pontevedra.

As foodtrucks da Deputación de Pontevedra xa están de xira
As foodtrucks da Deputación de Pontevedra xa están de xira Deputacion Pontevedra

Gastronomía

Hoxe • De 12.30 a 15.30 e de 18.30 a 21.30 horas • Alameda Rosalía de Castro de Marín • A xira das food trucks da Deputación de Pontevedra que promocionan as festas gastronómicas de interese turístico da provincia visitan Salceda de Caselas, Pontecesures e Marín. Nestas localidades estarán ata o venres ofrecendo degustacións inspiradas nalgunhas das 25 festas pontevedresas.

Rodaxe da webserie «Dúas señoras»
Rodaxe da webserie «Dúas señoras» DUVI

Cinema

Hoxe • 16.00 horas • Facultade de Comunicación • Presentación das webseries participantes na Mostra de Cine e Audiovisual (MAC) de Marín, Festival MacMarín. O evento contará coa participación de Dani Antelo, director do festival, quen presentará a nova edición desta mostra, e proxectaranse catro webseries que competiron na anterior edición: Dúas señoras, Pringadas, Postcoito e Delirio skectch.

Inauguración do Salón do Libro
Inauguración do Salón do Libro SERGIO SUEIRO
 

Salón do Libro

Hoxe • 17.15 horas • Pazo da Cultura • A programación do Salón do Libro arrancará cunha visita guiada, para, xa ás 18.00 horas, desenvolverse o espectáculo Ledicia do Mago Paco. Unha hora despois, terán lugar de maneira simultánea o obradoiro CreaSONs e o faladoiro con sinatura de libros a cargo de Sés, quen presenta o seu libro disco Nadando na incerteza. Estará acompañada pola xornalista Teresa Cuíñas.

Presentación do cartel da Semana Santa de Pontevedra
Presentación do cartel da Semana Santa de Pontevedra ADRIÁN BAÚLDE
 

Semana Santa

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • Lectura do pregón da Semana Santa de Pontevedra a cargo de José Luis Ageitos Míguez. Previamente, presentación do programa oficial da Semana Santa 2026.