«As divas travestís viguesas enfrontaranse nun concurso tan absurdo como brillante» en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

AVERÍO

A asociación Kentada programa esta tarde «Averío»

28 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A programación cultural oferta este sábado toda clase de alternativas de ocio na contorna de Pontevedra.

CONCELLO DE PONTEVEDRA
 

Música

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • Segunda función do Ciclo de Butaca onde a Banda de Música de Pontevedra presenta Raigame, concerto que, segundo o músico Víctor Fernández, «imos interpretar pezas relacionadas coas raíces musicais galegas».

AVERÍO

Show

Hoxe • 19.30 horas • Kentada • A sede desta asociación pontevedresa acolle Averío, no que «as divas travestís viguesas enfrontaranse nun concurso tan absurdo como brillante: conquistar a televisión pública». Deste xeito, «Kentada converterase no lugar onde demostrar que cada idea pode ser un éxito… ou un desastre en directo». Entrada inversa cun mínimo recomendado de 6 euros

 

Comercio

Hoxe • 11 horas • Mercado • Dentro do programa Pontevedra Capital Gastro, regresa o Mercado Creativo, un espazo vivo de encontro entre arte, cultura e gastronomía. Haberá «expositores, actividades paralelas e propostas culturais que farán do mercado un referente da creatividade pontevedresa».

Branca Trigo recolleu no 2025 o Premio Concello de Carral
Branca Trigo recolleu no 2025 o Premio Concello de Carral .

Literatura

Hoxe • 12.30 horas • Libraría Paz • O Vermú entre libros acolle a visita da poeta Branca Trigo e a ilustradora Octavia Russo para falar de Mundo Carne (Edicións Malafera). As autoras conversarán con Lara Dopazo.

PEDRAS DE PAPEL
 

Obradoiro

Hoxe • 11.30 horas • Pazo da Cultura • Pedras de Papel trae a Pontevedra A galiña dos ovos de conto, un obradoiro creativo que axunta narración oral e arte plástica.