Cinema, música e literatura danse a man na axenda cultural de Pontevedra
PONTEVEDRA CIUDAD
Fina Casalderrey protagonizará o primeiro encontro de «Ler (en) Pontevedra»
25 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A axenda cultural deste mércores abarca dende a música de cámara ata a intelixencia artificial, sen esquecer aos novos realizadores cinematográficos ou encontros literarios.
Música
Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • A música de cámara será a protagonista do primeiro dos catro concertos do ciclo CMUS no Principal. David López, xefe do departamento de música de cámara do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra apuntou que, «aproveitando que temos esta semana as audicións de música de cámara de conxunto no conservatorio, levaremos unha repesentación destes grupos para o primeiro concerto. Vai ser moi variado con actuacións de piano a catro mans, trío de metais, trío de madeiras, dúo de piano con tuba, de bombardino con piano, cuartetos de tubas, de clarinete». Participarán sobre 25 alumnos nas diferentes formacións.
Literatura
Hoxe • 19.00 horas • Libraría Metáfora • Primeiro dos encontros do programa Ler (en) Pontevedra, club de lectura que botou a andar en outubro, que propón achegamentos con autores «en espazos emblemáticos da nosa cidade para falar dunha das súas obras», segundo destacou o edil de Cultura, Demetrio Gómez. Nesta ocasión, a cita é con Fina Casalderrey a partir da obra A muller xabaril (Edicións Xerais).
Cinema
Hoxe • 19 horas • Facultade de Belas Artes • O Cineclube Belas Artes proxectará o filme But I’m a Cheerleader co que Jamie Babbit narra historia de Megan Bloomfield, «animadora no seu colexio, ten amigas animadoras e é noiva do capitán do equipo de fútbol. É vegetariana, non lle gustan os bicos do seu noivo e abraza cando pode ás súas amigas. Un día os seus amigos, o seu noivo e os seus pais téñenlle unha trampa para enviala a un campamento no que curan a homosexualidade. Megan ten que pasar varias probas, incluíndo a primeira que é darse conta de que é lesbiana».
Cinema
Hoxe • 16.00 horas • Facultade de Comunicación • A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) mantén a súa colaboración anual coa Facultade de Comunicación de Pontevedra para a organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego, a través da que se afonda nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión co foco posto na máis recente produción galega. Nesta sesión, a sexta, proxectaranse as curtametraxes Algo novo que contar, de Paula Pereira, Delincuente, de Alba Domínguez (directora) e Nuria Vil (guionista), Un novo día, de Gon Caride, e Curmán, de Alejandro Jato.
Encontro
Hoxe • 18.00 horas • Tenda de Comercio Xusto • Encontro aberto á cidadanía coa participación de Claudia Jiménez (CLAC) e Nery Sánchez (Cooperativa San Carlos Dos), produtoras de café de El Salvador. Durante a actividade, os asistentes poderán coñecer de primeira man o traballo das organizacións produtoras de café certificado Fairtrade e dialogar sobre o impacto social e ambiental do comercio xusto.
Obradoiro
Hoxe • 16.30 horas • Oficina ODDS • Boa Vida Inclusión Activa organiza este obradoiro grupal de Xestión Biopsicosocial que busca crear «un espazo para mellorar a túa saúde e calidade de vida desde un enfoque integral».
Obradoiro
Hoxe • 17 horas • Pontebrújula • Dan man desta asociación de Pontevedra desenvolveranse, ao logno de dúas sesións, un obradoiro para enteder e usar a IA con confianza. Nesta primeira sesión, o taller esta centrado no uso da intelixencia artificial no día a día. O obradoiro está dirixido por David, entrenador tecnolóxico, e Mariem, sherpa empresarial.