Marín enterra a Sardiña e Combarro, ao Mexilón

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Enterro da Sardiña en Marín no entroido do 2024
Enterro da Sardiña en Marín no entroido do 2024 Ramón Leiro

Ademáis, en Samieira, Poio, darase a coñecer o deseño do Galo Bruxo

17 feb 2026 . Actualizado a las 19:21 h.

Non só Pontevedra respira entroido este mércores, senón que distintos concellos da contorna desenvolverán diferentes actos:

Enterro da Sardiña en Marín no entroido do 2024
Enterro da Sardiña en Marín no entroido do 2024 Ramón Leiro

Marín

Hoxe • 20.00 horas • Enterro da Sardiña • A cita máis emblemática do Entroido de Marín, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e organizada polo Ateneo Santa Cecilia, comezará coa instalación do velorio na Alameda. Posteriormente, independentemente das condicións climáticas, a comitiva fúnebre recorrerá Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño Gamallo, Sol e a Praza do Reloxo, onde terá lugar a lectura do pregón e a ladaíña, para seguidamente saír cara ao Paseo Alcalde Blanco e tirar a sardiña ao mar.

Enterro do Mexilón en Combarro no entroido do 2023
Enterro do Mexilón en Combarro no entroido do 2023 PROTECCIÓN CIVIL DE POIO
 

Poio

Hoxe • 20.00 horas • Enterro do Mexilón • A comitiva fúnebre, acompñada polas comparsas locais, partirá dende o Peirao da Canteira ata a Praza de Chousa, onde se procederá á incineración. Organiza o Ateneo Corredoira de Combarro.

O Galo Bruxo, no entroido do 2023 de Poio
O Galo Bruxo, no entroido do 2023 de Poio CONCELLO DE POIO

Poio

Hoxe • 19 horas • Galo Bruxo • Esta tarde desvelarase na Praza Alfredo Romay de Samieira, en Poio, o diseño do Galo Bruxo. Organizado pola SCD Samieira.