Unha xornada de cinema, música e libros

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MUSEO DE PONTEVEDRA

Ademais, o Museo de Pontevedra abre a inscrición para os obradoiros de entroido

04 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo deste mércores, a programación cultural de Pontevedra e a súa contorna abrangue dende presentacións literarias ata concertos e proxeccións cinematográficas.

Cinema

Hoxe • 19 horas • Belas Artes • O Cineclube Belas Artes proxecta o filme I Saw the TV Glow, de Jane Schoenbrun. Narrase a historia de dous adolescentes que comparten o seu amor por unha serie de televisión de terror, pero esta cancélase misteriosamente.

MUSEO DE PONTEVEDRA
 

Entroido

Hoxe • 10 horas • Museo de Pontevedra • A Deputación de Pontevedra organiza este entroido dous obradoiros dirixidos a nenos de 7 a 12 anos o 17 e o 18 de febreiro, de 11.30 a 13.30 horas. Cada unha das quendas conta con quince prazas e este mércores ábrese o prazo de inscrición a través da web museo.depo.gal. O obxectivo dos obradoiros é os participantes coñezan as orixes da fotografía e contemplen a cidade decimonónica a través da exposición Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX. Deste xeito, en primeiro lugar, realizarase unha visita á exposición, onde as e os participantes terán que atopar nas fotografías aqueles elementos construtivos que desapareceron da nosa paisaxe urbana e as transformacións que se aprecian na actualidade. Logo, tras unha breve explicación sobre a orixe da fotografía e da súa base na pintura, farase un retrato na liña dos que aparecen nas miniaturas (poses, vestimentas, adornos...) para rematar decorándoo cun marco ou un estoxo, simulando os daguerrotipos da época.

UNED
 

Literatura

Hoxe • 18.30 horas • UNED • Presentación do libro Lo que callan los cuentos, de Laura María Rodríguez Casal, que será entrevistada por Belén Álvarez e manterá un coloquio co público.

 

Música

Hoxe • 19.00 horas • CMUS Manuel Quiroga • A Orquesta Barroca CSM Vigo ofrece un concerto co director Pavel Amílcar, na imaxe, en Pontevedra no que colaboran profesores e alumnos do centro capitalino.