Leyre Villamediana clasifícase para o Campionato de España de Judo
VILAGARCÍA / LA VOZ
PONTEVEDRA CIUDAD
A vilagarciá do Judo Club Pontevedra gañou o Sector Oeste
05 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Leyre Villamediana, deportista vilagarciá do Judo Club Pontevedra, proclamouse o pasado domingo campioa do Sector Oeste do Campionato de España Absoluto. Un título, o de ata 63 quilogramos, que suma ao seu cetro autonómico e que lle abre a porta da gran cita estatal da tempada, o vindeiro día 29 en Madrid.
A asturiana Paula López foi a primeira vítima de Villamediana, que se impuxo por osaekomi. Nas semifinais, a galega superou a cántabra Lara Tapia por ippon desde proxección en pé, chegando sí á final, na que se enfrontou e venceu a outra asturiana, Elisa Fernández.