Castelao protagoniza en Pontevedra as Xornadas de Pensamento e Creación

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Pacheco

16 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa das Campás de Pontevedra acolle este xoves e venres una nova edición das Xornadas de Pensamento e Creación que veñen celebrándose en colaboración entre a Universidade de Vigo e a Aula Castelao de Filosofía. Esta edición leva por título Castelao, 75 anos despois.

Dende a organización precisaron que, «como todos os anos, combinan unha palestra cunha actividade creativa». Así, nesta ocasión, esta tarde, o escritor Manuel Rei Romeu impartirá unha conferencia (19 horas) A creación literaria de Castelao para, posteriormente, ás 20.30 horas, se desenvolverá un concerto a cargo de Ugia Pedreira e Alejandro Vargas.

En canto ao relator, precisaron que Rei Romeu é profesor de Lingua e Literatura Galega, especialista na obra de Castelao, de quen publicou unha serie de estudos, caso de Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao (1991), Castelao e Sempre en Galiza (1996) o Afonso Daniel Castelao (1999). Ademais, ten participado en multitude de taballos colectivos, congresos e palestrar sobre o autor e recentemente vén de publicar Castelao, desta terra e deste tempo coa editora Tempo Galiza.

Xornada de peche

En canto á xornada do venres, esta arrancará ás 19 horas cunha conferencia a cargo do profesor Paulo Porta Martínez co título A creación artística de Castelao. Ás 20.30, proxección do documental As cruces de pedra na Bretaña (O retorno), de Xoán Carlos Garrido Couceiro.