O Museo de Pontevedra acolle a entrega do primeiro Premio Jaime Olmedo Limeses

PONTEVEDRA CIUDAD

Este sábado, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra acollerá o acto de entrega do primeiro Premio Jaime Olmedo Limeses de Novela Infantil e de Relato que recaeu en Ramón D. Veiga e a súa novela Pernascochas. Este certame literario, impulsado por Avigal e Antela Editorial, naceu co «obxectivo de apoiar a creación literaria en galego e fomentar a lectura entre a cativada».
Deste xeito, e a partires das 12 do mediodía, farase entrega do galardón, dotado con tres mil euros, e presentarase oficialmente a novela Pernascochas na Sala 3 do segundo andar do Museo, que alberga a Colección Sánchez Mesa. Este evento contará coa presenza de representantes de Avigal, Antela Editorial, membros do xurado e o propio autor.
Reivindicación da lingua
Dende Antela Editorial destacaron o ferito de que este acto teña «lugar no marco das celebracións do Día das Letras Galegas, unha xornada simbólica para reivindicar o valor da nosa lingua e da nosa literatura desde a infancia».