Cunha programación de concertos que arranca ás 13.30 horas e que inclúe as actuacións de Los Tónikash, Sete Cuncas, Marela, Meu, Faul, Samesugas, Gurtel Club e Giuda, este sábado clausurase na praza de touros de Pontevedra a segunda edición do Troneira Fest. Ademais, no recinto do coso de San Roque habilitarase un espazo único que conxugará unha zona de exposicións, merchandising das bandas, o escenario, unha área de barra coas cervexas e un espazo con dúas food trucks, unha de Vilagarcía —cunha carnicería con produto local— e outra de Vigo —con comida vegana e mexicana, tamén con produto de proximidade—, precisaron dende o Concello de Pontevedra.
A programación inclúe, de igual xeito, diversas actividades que se combinan coa presenza constante da cervexa artesá de sete marcas diferentes e oito billas distintas. Por outra banda, esta prevista, a partires da unha da madrugada, unha pinchada no The Groove House.