O CEIP de Marcón, o Sagrado Corazón de Praceres e o IES Luís Seoane, premios Ernestina Otero Sestelo

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres foron os gañadores «ex aequo» na categoría de educación infantil e primaria
O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres foron os gañadores «ex aequo» na categoría de educación infantil e primaria CONCELLO DE PONTEVEDRA

A gala de premios tivo lugar este mércores no Teatro Principal de Pontevedra

13 mar 2025 . Actualizado a las 09:18 h.

O CEIP de Marcón e o CPR Sagrado Corazón de Praceres en categoría de Educación Infantil e Primaria; e o IES Luís Seoane, en Secundaria, foron os gañadores da sexta edición dos premios Ernestina Otero Sestelo. No caso do CEIP de Marcón e o Sagrado Corazón, o recoñecemento foi ex aequo. O Concello de Pontevedra promove estes premios para poñer en valor proxectos innovadores e relevantes na incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos. En palabras da concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, para «celebrar o compromiso coa igualdade de xénero no ensino».

Na categoría de Educación Infantil, o xurado outorgou o primeiro premio aos proxectos Microcurtas pola igualdade e a non violencia, do CEIP de Marcón, e A perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades nos ambientes e nas estacións de aprendizaxe, do CPR Sagrado Corazón de Praceres. O segundo premio recaeu no CEIP San Martiño de Salcedo polos seus proxectos Aladina e Radio en feminino.

Polo que respecta á categoría de, o primeiro premio foi para o IES Luís Seoane polo proxecto A igualdade a través da Radio Seoane no Aire. O segundo premio foi ex aequo para Educando en Igualdade, do IES Torrente Ballester; e para Recollendo o relevo, do IES Valle Inclán.