Viños e literatura da man de Santi Balmes, de Love os Lesbian

PONTEVEDRA CIUDAD

01 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A partires das 13 horas, a praza de Abastos de Pontevedra acollerá unha sorte de continuación do ciclo de entrevistas Conversas no Primeiro Andar que cotará coa presenza, nesta ocasión, de Santi Balmes, compositor e cantante de Love of Lesbian. «Trátase da continuación dun ciclo que naceu o ano pasado e do que agora teremos un novo capítulo (...). Este programa naceu coa vontade de traballar distintos eidos, tales coma o sector vitivinícola e a súa combinación con outros elementos de lecer coma libros», sinalou a edil de Promoción económica, Anabel Gulías, quen estivo acompañada por Marcos Rivas, coordinador do ciclo, na presentación desta sesión especial.

Dende o Concello de Pontevedra destacaron o feito de que o espazo onde se desenvolve esta cita non é casualidade, toda vez que o goberno local «mantén o seu compromiso de abrir o Mercado a toda a cidadanía e a novos usos, tal e como foi concibido este primeiro andar no seu inicio».

En canto a esta nova sesión de Conversas no Primeiro Andar, está previsto que Santi Balmes realice unha presentación do seu libro Un día en mi cabeza.

De igual modo, Viños Vivos estarán tamén presentes, traendo da súa man unha selección de viños artesanais. Pola súa banda, a xornalista Belén López moderará este encontro aberto ao público e de balde ata completar a cabida deste espazo.