A web do Museo de Pontevedra reúne nun mesmo espazo todos os recursos sobre Castelao

PONTEVEDRA CIUDAD

O Museo Massó de Bueu inaugurou, pola súa banda, a súa páxina web
10 feb 2025 . Actualizado a las 15:02 h.No marco da conmemoración do Ano Castelao, o Museo de Pontevedra abriu un espazo no que reúne todos os recursos relativos ao de Rianxo. Deste modo, os usuarios poderán desde consultar as cerca de 2.000 obras que conforman a colección de fondos artísticos do intelectual galeguista custodiados no Museo, ata informarse das actividades que se desenvolven este ano, pasando por todos os recursos dixitais e impresos lanzados pola entidade.
Precisaron que neste 2025 celébrase o 75 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao quen está intimamente ligado ao Museo de Pontevedra desde os seus inicios: «Foi un dos seus patróns fundadores e nel custódiase unha parte fundamental do seu traballo artístico, ademais da súa biblioteca, documentos e obxectos da súa actividade literaria, como investigador e como líder do galeguismo».
De feito, o Edificio Castelao dispón de dúas nas que se exhibe unha selección de máis de 300 obras que dan conta da súa faceta de artista, escritor, intelectual e político, desde os seus primeiros debuxos publicados ata as obras que fixo no exilio en Bos Aires, xa nun delicado estado de saúde. De feito, boa parte da súa obra máis significativa está exposta no Museo, caso das estampas que depositou o propio Castelao en 1931, os orixinais do Álbum Nós recuperados no 2016 despois de décadas nos que se daban por perdidos, os álbums de guerra que legou ao Museo para a súa entrega tras a recuperación da Autonomía, o manuscrito de Sempre en Galiza, óleos, caricaturas, carteis, ás máscaras de Os vellos non deben de namorarse...
E de cara a este 2025, está prevista unha ampla programación dedicada a Castelao, como son as visitas guiadas que se realizan todos os primeiros martes de cada mes.
O Museo Massó de Bueu inaugurou a súa páxina web
O Museo Massó de Bueu inaugurou estes días a súa páxina web na dirección https://museomasso.xunta.gal/gl, ao tempo que pechou o blog que viña operando con este cometido. Deste xeito, o usuarios dispoñen neste novo espazo de internet toda a información relativa ás actividades que se desenvolven neste museo, así como se pode visitar a colección e os fondos bibliográficos, ou coñecer a súa historia.